Abella Lupa

Abella Lupa Abella Lupa SAT: Abellas traballando pola biodiversidade e o patrimonio rural Mel ecolóxico/Etnografía/Biodiversidade

Vén cheo de arumeso vento da serra;entre os carpaceirosfungan as abellas;o chiar dos gaiosresoa nas p***s.Florencio Delg...
17/05/2022

Vén cheo de arumes
o vento da serra;
entre os carpaceiros
fungan as abellas;
o chiar dos gaios
resoa nas p***s.

Florencio Delgado Gurriarán, "Bebedeira", 1934

"O enxame de abril, para min; o de maio, para o meu amo e o de San Xoán, para o can"."Enjambre de abril, para mí; enjamb...
03/05/2022

"O enxame de abril, para min; o de maio, para o meu amo e o de San Xoán, para o can".
"Enjambre de abril, para mí; enjambre de mayo, para mi hermano; enjambre de junio, para ninguno".
"A swarm of bees in May is worth a load of hay; A swarm of bees in June is worth a silver spoon; A swarm of bees in July isn't worth a fly".

14/04/2022

Enxame de abril, para min...

Rematamos en Lalín, grazas por mercar o noso mel!
10/04/2022

Rematamos en Lalín, grazas por mercar o noso mel!

E logo, aquí continuamos polas terras do Deza, na feira internacional de apicultura "Alvariza".
10/04/2022

E logo, aquí continuamos polas terras do Deza, na feira internacional de apicultura "Alvariza".

Na feira internacional de apicultura de Lalín, "Alvariza".
09/04/2022

Na feira internacional de apicultura de Lalín, "Alvariza".

Esmelga.
14/09/2021

Esmelga.

E logo onde andan a libar agora as abellas? Pois andan no carrasco de verán, Erica cinerea L., a chuchar o seu néctar e ...
05/08/2021

E logo onde andan a libar agora as abellas? Pois andan no carrasco de verán, Erica cinerea L., a chuchar o seu néctar e a carrexar o seu pole.

🐝Non estamos soas🐸
28/07/2021

🐝Non estamos soas🐸

De todas as abellas, a nosa preferida, é a nai. Nesta data especial para elas recuperamos un artigo que publicamos no de...
20/05/2021

De todas as abellas, a nosa preferida, é a nai. Nesta data especial para elas recuperamos un artigo que publicamos no desaparecido "Dioivo" hai nove anos. Bo día das abellas!🐝🐝🐝🐝🐝🐝🐝

GOD SAVE THE QUEEN (BEE)

O derradeiro domingo de abril, recibimos nas terras do Suído a visita da Asociación de Apicultores de Kent (Inglaterra) da man da súa secretaria, Ronnie Eagles. Por alí estiveron para ollar as instalacións de Abella Lupa (as súas alvarizas e o seu centro de extracción e envasado de mel ecolóxico) e tamén, para achegárense até o lagar da cera e o Centro de Interpretación da Ceraría de Paraños —o oficio da ceraría estivo moi estendido no concello de Covelo até mediados do século pasado.

Así, arredor de vinte soci@s da Kent Bee-keeper´s Association deixáronse caer por estas paraxes de poulas e fragas, de bestas, vacas, lobos e abellas. Quedaron abraiados co uso tradicional que se facía da cera das abellas melíferas: o seu procesamento no lagar para a elaboración de bloques, o seu branqueo nos curadoiros ou eiras da cera e a posterior fabricación de candeas e exvotos con esta materia prima pura das abellas.

Pola tarde foi a quenda da visita aos apiarios na Serra do Suído e nas Fragas do río Tea. Neles prodúcese mel ecolóxico certificado, práctica que lles interesou enormemente, pois os labores para a súa obtención foron obxecto dun exhaustivo interrogatorio. O que máis controversia xerou foi a discusión sobre o tratamento para a doenza crónica das abellas coñecida como varroase, producido polo ácaro Varroa destructor. A prohibición da utilización de produtos químicos de síntese asemelláballes difícil para o control desta enfermidade, así que unha vez aberta a primeira colmea para a súa inspección, comezaron a busca da presenza deste pequeno parasito no interior da mesma. E vaia!, non toparon nin rastro del e non lles quedou outra que recoñecer que funcionaba ben o manexo ecolóxico das abellas.

A continuación, tod@s comezaron a extraer os panais da colmea e de maneira coordinada empeñáronse en buscar —desta vez— a “queen bee”. De entre abelleir@s, sobresaía un: o presidente da Asociación de Apicultores de Londres, John Chapple, quen tamén tiña a honra de ser o apicultor da raíña de Inglaterra nos xardíns de Buckingham Palace. Estoicamente supervisaba e aloumiñaba sen luvas as abellas pousadas nos cadros, sen se laiar das súas picadas. El era moi discreto, polo que soubemos do seu oficio real por mor dos comentarios furtivos d@s parceir@s: “He´s the bee-keeper of the Queen”.

Despois de varios minutos, a “queen bee” tampouco quería aparecer. Cando por fin desistiron no seu intento, ocorréuseme facerlles unha chanza fácil: “as nosas abellas non teñen raíña, pois son republicanas”, mais era demasiado doada, e non sei como lles sentaría este comentario ás súas psicoloxías británicas, polo que optei por calar. Logo pasoume pola cabeza a denominación que usaban na extinta URSS para a única femia fértil da colonia, “a Nai”, ou o nome que elixiu o primeiro gran naturalista da historia, Aristóteles, para se referir á mesma, “o Rei” —imbuído de seguro pola cultura patriarcal da antiga Grecia. Entón falei: “en Galicia, na nosa lingua, á nai das abellas chamámoslle abella mestra”. “Oh, the teacher bee”, comentaron tod@s abraiad@s.

Que sabi@s eran nos@s devanceir@s, verdade?

Alexandre Cendón

🌻Maio🐝
08/05/2021

🌻Maio🐝

Aberiotas, Romulea bulbocodium L.
07/03/2021

Aberiotas, Romulea bulbocodium L.

Dirección

Covelo
36.872

Teléfono

655 949 222

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Abella Lupa publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir