06/05/2026
A ilusión dun neno pode acabar transformándose na xoia máis especial: aquela que unha nai gardará para sempre.
Iso é o que sucede en iniciativas como o certame “Deseña unha xoia para a túa nai”, que xa vai pola súa XVI edición. Un proxecto que este ano reuniu 80 deseños finalistas e converteu 12 deles en xoias reais grazas ao traballo de xoieiros profesionais galegos.
Organizado pola Federación Galega de Xoiaría e o Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia ( )en colaboración coa Xunta de Galicia e a Fundación Pública Artesanía de Galicia ( ), o certame volve poñer en valor a creatividade dos máis pequenos e o oficio xoieiro artesanal.
Nesta edición tivemos a honra de participar dando forma a dúas das xoias premiadas na categoría de 0 a 4 anos.
✨ Álex Román Rodríguez, 3 anos · CPR Hermanos Quiroga (O Porriño)
Xoia realizada por Fink Orfebres e entregada por Javier Fink e a xornalista María Xosé Rodríguez.
✨ Samuel Ramírez Mena, 4 anos · CPR Nosa Señora do Pilar (Foz)
Xoia realizada por Fink Orfebres e entregada por Javier Fink e Elena Fabeiro, xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia.
En Fink Orfebres intentamos manternos fieis á esencia e espontaneidade de cada deseño, transformando a imaxinación dos máis pequenos nunha xoia real cargada de emoción e significado.
Grazas á organización por seguir impulsando unha iniciativa tan especial que pon en valor a creatividade, a artesanía e o oficio xoieiro galego. 💛
OuriveríaGalega